Artista da semana: Pauliña

Artista da semana: Pauliña

Comezamos ca publicación da artista da semana, a primeira é Pauliña.

Dende o “OurenRock” onde se deu a coñecer presentando o seu primeiro disco “De-Xeneración” e onde conseguiu meter a público e crítica no peto, Pauliña vai sempre arroupada por uns excelentes e experimentados músicos. Nese concerto ourensán xa deixaba claro por onde quería que fosen as cousas na súa carreira; o pop, o rock, o soul ou o country tiñan que levar marcadas a lume as letras de compromiso social e feminista.

O seu último traballo “A Malfalada” é un disco cheo de forza, a mesma que ela descarga en directo, que fai que ao mesmo tempo que nos transmite as súas inquedanzas e a maneira de ver o mundo, nos convide a bailar polo moito ritmo que os seus músicos e a súa voz nos transmiten.

Falta dicir que con Pauliña están o baixista Lolo Arincón, quen á súa vez produce, grava, mestura e masteriza o disco xunto co guitarra Paco Montoto, que se encarga tamén dos arranxos e da dirección musical; completando a banda Julián Gullón na guitarra eléctrica e Iago Jorge na batería.

Na nosa tenda podes mercar a camiseta e o CD deste traballo.

Comparte a publicación

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

Deixa un comentario

Deixa un comentario