Sons de Breogán naceu en 2018 como un traballo de fin de grao de dúas estudantes de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña, para dar a coñecer o circuíto da música non comercial galega.
Dende aquela convertémonos nunha plataforma de difusión e servizos para as artistas e grupos da música non comercial, comezamos coa nosa tenda en liña con produtos propios e de grupos e artistas e a ter presenza en varios festivais.