1.- Datos identificativos do responsable da páxina web
Este sitio é propiedade e está operado por Asociación Cultural Sons de Breogán, titular do CIF: G0101924679 con domicilio a efectos de notificacións en rúa Monte das Moas 9, 2ºB, 15009, A Coruña, e podes porte en contacto connosco enviándonos un correo electrónico a contacto@sonsdebreogan.gal
A actividade profesional de Asociación Cultural Sons de Breogán son outros servizos culturais.
2.- Obxecto das condicións
As presentes condicións teñen por obxecto regular expresamente as condicións aplicables aos procesos de contratación de servizos ou compra de produtos ofrecidos por Asociación Cultural Sons de Breogán que poden levar a cabo os usuarios CLIENTE a través do sitio web sonsdebreogan.gal
3.- Interveñen
Os procesos de contratación ou compra a través do sitio web sonsdebreogan.gal serán realizados entre o CLIENTE e Asociación Cultural Sons de Breogán.
Serán clientes todas aquelas persoas físicas que se rexistren no formulario de subscrición ou merquen a través da tenda online, enchendo os campos establecidos nos formularios.
- Formulario de subscrición: nome de usuario, contrasinal e email. A información de pago non se almacena en ningún caso na nosa páxina web.
- Formulario da compra da tenda online: nome, apelidos, dirección, provincia, cidade, estado, código postal e email. A información de pago non se almacena en ningún caso na nosa páxina web.
4.- Dereitos de exclusión
Asociación Cultural Sons de Breogán resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso a sonsdebreogan.gal e aos servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propias ou de terceiros, aos usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais.
5.- Procesos de contratación
Que ofrecemos na páxina web sonsdebreogan.gal:
- Servizo de subscrición: o cliente pode acceder a diferentes beneficios especificados na páxina https://sonsdebreogan.gal/asociate/ mediante a contratación dun servizo de subscrición de pago mensual.
- Compra de produtos na tenda online: o cliente pode adquirir bens propiedade de Sons de Breogán mediante a Tenda Online https://sonsdebreogan.gal/tenda/.
6.- Compra e pago
Para realizar o pago do servizo de subscrición debes elixir un plan e automaticamente o sistema che pedirá que crees unha conta de usuario. Debes indicar un nome de usuario, un email e unha contrasinal. Ademáis, debes inserir os datos da túa tarxeta para realizar o pago. Se todo foi ben, deberías ter na tua caixa de entrada de correo, un email de confirmación e poderás entrar á zona privada.
O pago realízase mediante Stripe, Inc; que garante a total seguridade mediante o seu servidor seguro SSL. Nunca, en ningún caso, sonsdebreogan.gal nin Asociación Cultural Sons de Breogán. reciben ou almacenan datos da túa tarxeta.
Para realizar a compra dun produto na nosa tenda online, debes seleccionar o produto dirixirte á páxina de Finalizar Compra. Debes indicar os datos obrigatorios: nome, apelidos, dirección, provincia, cidade, estado, código postal e email. Ademáis, debes inserir os datos da túa tarxeta para realizar o pago. Se todo foi ben, deberías ter na tua caixa de entrada de correo, un email de confirmación.
Do mesmo xeito, o pago realízase mediante Cecabank, Paypal ou transferencia bancaria; que garante a total seguridade mediante o seu servidor seguro SSL. Nunca, en ningún caso, sonsdebreogan.gal nin Asociación Cultural Sons de Breogán reciben ou almacenan datos da túa tarxeta.
7.- Envíos
Os produtos físicos envíanse dentro das primeiras 72 horas laborais dende a compra mediante o envío de paquetería estándar de Correos ou mensaxería urxente.