As compas de Broa publicaron “Fillos de Sharón” con MoudaFaka de AltoAsalto. Cunha portada deseñada por Miguel Duarte.
Coma todo o seu disco, esta peza foi gravada e producida por Mahi Ferradás en Cimática Studio. As voces foron gravadas e producidas en Pouland Studios por Iago Pico, quen tamén se encargou da masterización do tema.
O vídeo foi dirixido e realizado por Luís Taboada de Arkadia Universe.
Todo foi realizado durante o mes de abril do 2020 en pleno confinamento estado de alarma por mor da COVID19




