CLN Prods, outro exemplo de apoio a música local
CLN Prods son unha asociación cultural nada na Galiza, formada por artistas de diferentes ramas. O que fan é dar a coñecer as creacións artísticas e a música local, ademais de organizar eventos e fomentar a actividade cultural.
Dende hai uns meses lanzaron un novo proxecto ao que chamaron ‘Del Tirón’, onde visibilizan e promoven artistas que están no auxe do panorama musical actual, algúns deles como Grande Amore, Law ou ao gran Ortiga.
Nestes one shots, o formato escollido para presentalos, os artistas presentan cancións inéditas ou ben fan algunha versión dalgún tema que xa publicaran.
O último capítulo, con Nadie González deu moito que falar, xa que esta rapaza veu para ‘Cambiar algo’ como di o seu último single. Leccións de actitude, valentía e ferocidade. Estamos seguros de que chegará lonxe con eses ingredientes, ao igual que os compoñentes de CLN Prods, que se atreveron a apostar por os novos talentos e a música locais.
Na súa canle do YouTube podedes atopar todos os episodios do seu novo proxecto e tamén no seu Instagram. E coma sempre máis actualidade na nosa sección de novas.