[De]Construción, o primeiro álbume de TIAM Gz

TIAM

TIAM Gz é un grupo de rap galego que se conformou en Chantada no ano 2018, integrado por Iago Suárez, Álex Varela, Brais Vázquez e Matías Zelarayán.

A orixe do seu nome é unha sigla formada a partir dos alcumes dos seus integrantes (Torozas, Iagueiro, Alessov e Mr. Mati), engadindo a abreviatura de Galiza (Gz).

Os catro artistas definen a súa música como “rap feito na casa” e fai a penas tres días que lanzaron o seu primeiro álbume chamado [De]Construción, o cal contén colaboracións con outros artistas no auxe do panorama musical galego como Ezetaerre na canción “Ferreiras dun mundo mellor” ou Nerea colaborando con “Males Endémicos”.

O grupo reivindicativo galego xa supera os 100 escoitantes mensuais no seu Spotify e os temas do seu novo álbume teñen gran acollida na súa canle de Youtube. A pesares da súa curta traxectoria teñen cancións como “Sandungueirada” con Julia, que supera as seis mil visualizacións.

Nas súas redes sociais como Instagram ou Facebook poderedes atopar calquera información sobre as recentes novidades destes rapaces. E máis información sobre o panorama galego na nosa sección de novas.

Comparte a publicación

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Deixa un comentario

Deixa un comentario