Dios Ke Te Crew e Boyanka Kostova colaboran con ‘Orixinal Galego’

dios ke te crew

Un dos grupos galegos que máis triunfa sempre, fagan o que fagan, son os Dios Ke Te Crew, formación de hip hop de Ordes que se formou no 2003. Desta vez decidiron colaborar con outra das formacións galegas máis exitosas, os Boyanka Kostova, dous rapaces da cidade de Santiago pioneiros en instaurar o trap en galego na comunidade.

Esta colaboración viu a luz hoxe, 20 de xullo, e ten por nome ‘OG‘, unha canción de rap que, do inglés Original Gangsta, emprégase a miúdo como explicación de que algo é auténtico e verdadeiro. No seu videoclip este significado vén a facer referencia ao máis galego, o máis auténtico. Cibrán García e Chicho (Boyanka Kostova) confesan que creceron escoitando á mítica banda Dios Ke Te Crew e que foi toda unha honra rematar facendo un tema con eles.

O certo é que escoitando os dous grupos por separado non chegaríamos a pensar que os dous estilos musicais puideran casar ben pero, o que fan estes artistas é convencernos de que se pode facer calquera cousa coa música sempre que se faga con amor e corazón.

Así mesmo o videoclip, obra do cineasta Xaime Miranda, remata anunciando unha segunda parte chamada ‘Azido Uriko‘, unha canción de funk electrónico que pretende ser outra colaboración e poderémola atopar dentro do terceiro disco dos Boyanka Kostova.

Coma sempre máis actualidade na nosa sección de novas.

Comparte a publicación

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Deixa un comentario

Deixa un comentario