O grupo de Ponteceso Lóstregho en breve lanzará o seu primeiro EP, chamado “Arroutada” e como adianto sacou xa o seu segundo sinxelo, xunto un videoclip, titulado “Zarpazo”.
O EP estará composto por 6 temas, gravados no Cimática Studio de Cerceda. Para que saibamos que podemos agardar deste traballo, a banda promete unha “perfecta armonía entre o grunge, o stoner e o garage rock con tintes de psicodelia.
E lembrade que os seus temas se poden escoitar tamén en Spotify, podedes seguir a actualidade nas súas redes: Instagram e Facebook. E coma sempre máis info do panorama galego nas nosas novas.