Estrea do novo vídeo clip de Os Bar Ban Sónicos

Bar Ban Sónicos

Os Bar Ban Sónicos, a banda de garaxe punk da Pobra do Caramiñal acaba de lanzar na súa canle de You Tube novo vídeo da súa canción “Dime, dime amor” que fai parte do seu recentemente publicado primeiro LP “Quimicamente Impuro” spoti.fi/3FdM5Ot

O vídeo é o primeiro realizado após o lanzamento do seu primeiro álbum e foi realizado, na mellor tradición punk rock, por eles mesmos.

Os  Bar  Ban  Sónicos fórmanse a principios do ano 2018 na Pobra do Caramiñal con Manel Casal na voz e guitarra,  Amroth no baixo e coros e Abel Cores na batería. Nos inicios o repertorio estaba formado por clásicos do garaxe dos `60 e do punk rock. Concertos enérxicos e contundentes con poucas concesións ao virtuosismo e ao onanismo instrumental.  Aos poucos foron compoñendo cancións propias na que mesturaban esas dúas escenas musicais irmás. Ao mesmo tempo adaptaron ao galego algúns dos temas clásicos que formaban parte do seu primeiro repertorio. 

Despois de actuar en festivais e locais da comarca da Barbanza e asentar un repertorio xa suficientemente amplo, en agosto de 2019 pasaron polos estudos  ALU de Rianxo para gravar catro dos seus temas propios na que foi a sua primeira maqueta: [Demo 2019] e pecharon diversos concertos para os meses de outubro, novembro, decembro de 2019 e xaneiro de 2020, nunha xira de presentación por toda Galicia.

No mes de febreiro de 2020 desprazaronse a Seixas, Caminha, Portugal, ao Herztcontrol Studio para empezar a gravar os temas que darían forma ao seu primeiro álbum, coa idea de sacar un EP de adianto no mes de abril e o LP completo no mes de setembro de 2020. A aparición da pandemia da Covid-19  modificou todos estes plans, así como obrigou a anular todas as actuacións previstas para o verán e a participación xa pechada en diversos festivais.

Máis información nas súas redes sociais:

Facebook: https://www.facebook.com/OsBarBanSonicos

Twitter: https://twitter.com/osbarbansonicos

Instagram: https://www.instagram.com/osbarbansonicos/

You Tube: https://m.youtube.com/c/osbarbansonicos

Bandcamp: https://osbarbansonicos.bandcamp.com/

E coma sempre máis información do panorama galego na nosa sección de novas.

Comparte a publicación

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Deixa un comentario

Deixa un comentario