Pauliña estrea LP e lanza un videoclip: Testemuñas e Remordementos

testemuñas

Este 17 de maio, Pauliña estreou o seu terceiro LP: TESTEMUÑAS e un videoclip: REMORDEMENTOS, fechando así unha etapa ateigada de cambios, gañas, emoción e moito traballo.

A pandemia trouxo consigo moitas cousas malas, pero tamén momentos que puido aproveitar para darle volta a algúns temas e compoñer outros tantos.

TESTEMUÑAS é un claro exemplo de todo o que nos rodea. Non só no referente á COVID, senón tamén os problemas que xa tiñamos e dos que nos estamos esquecendo. A loita feminista segue estando moi latente, pero desta volta a temática tamén xira en torno a Galiza, quizáis pola etapa universitaria que Pauliña comezou a vivir este ano.

Neste novo traballo colaboraron grandes nomes da cultura galega como o Leo de Matamá, High Paw, Nee Barros e Fosi Labazada, e tamén un dos grandes nomes da música portuxesa como son os Kumpania Algazarra.

Este é un disco bailable, con ritmos mesturados e toques ao blues, que tanto a acompañou o longo da súa vida. A figura do demo é un eixo fundamental neste traballo, xa que lembrouse moito do devota que era a súa avóa, dos medos que a atormentaban, …, tan escuros e previstos que non lle quedou máis remedio que facer estas alusións ao pensamento desprezable da igrexa.

A portada está feita por Pruden e Lúa, un matrimonio de xente nova que traballan a prol da súa cultura. Nalgún xornal, o propio artista foi comparado como un Castelao moderno, mesturando o tradicional cos nosos tempos.

No deseño existen claras alusións a todas as cancións do disco, quedando compactado en imaxes moi claras. Referencias a Urbano Lugrís, referente da pintura galega, a Cambados, á loita, ás mulleres en medo e decididas (quitando xa o papel de vítimas), ó demo e os cruceiros do que tanto falaba Castelao: …en cada cruceiro de pedra, un pecado.., ás tabernas e furanchos que dende moi nova frecuentou en Barrantes ou na súa vila natal, e, obviamente, unha referencia de despreocupación, de modernismo, de innovación como foron os Beatles (coa imaxe da rapaza coas gafas e a flor).

Un traballo moi intenso, con axuda de moita xente que viu a luz o 17 de maio, día das nosas letras, xunto cun primeiro videoclip da man de Xaime Miranda e Iago Vilariño (gañadores da pasada edición dos premios Mestre Mateo), e que leva por nome Remordementos.

Agardamos que ese día das Letras Galegas poidades facer un oco a Pauliña, ese día tan especial para nós e para o resto da Galiza, un día para a cultura, para as nosas e os nosos escritores e artistas, en especial, é en plena pandemia, século XXI, ano 2021, a gran: Xela Arias.

Comparte a publicación

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Deixa un comentario

Deixa un comentario