La Quinkillada é a banda que formaron Rodri Martínez, Yago Oliveira, Fino, Suso PF, Byktor G., Daniel Acuña e Valverde como resposta artística ao confinamento da pandemia. Comezaron facendo gravacións domésticas con versións de temas coñecidos e agora presentan esta nova formación que busca «a sinerxia entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival con toda a frescura dunha banda nova, mesturando ritmos latinos coa rumba máis quinki». E anuncian para febreiro o seu primeiro disco ‘Gozar, sentir, bailar’, con 10 temas propios que falan de temas diversos, «dende a básica desconexión de festa a peñerse serios falando dos golpes desta vida». O seu primeiro single, que presentan con este videoclip, titúlase “Festival” e é toda unha declaración de intencións.