“Sermos”, o peche de Liska a súa serie de EPs “República”

Liska

A banda galega de ska punk Liska! vén de lanzar ‘Sermos’, o seu novo ‘single’, acompañado de videoclip, que pecha a serie de EPs ‘República’, e que xa está dispoñíbel nas plataformas dixitais. O novo tema homenaxea á figura do veciño de Cuntis Xoán Xesús González, coñecido como ‘Canteiro de Sebil’, e é un canto á memoria, á dignidade é a loita. Canteiro de profesión, mestre, xornalista, home de esquerdas e independnetista,  foi fusilado en setembro de 1936.

O vídeo gravouse no espazo natural da Canteira de Paredes (Vilaboa), e recolle imaxes do documental ‘O canteiro de Sebil’, estreado polo colectivo Quinteiro do Umia en 2017.

O tema foi gravado e mesturado por Javier Vicalo em The Dub Yard Records (Vigo), e masterizado por Ibon Larruzea en Euridia (Bilbo).

Máis información na nosa sección de novas.

Comparte a publicación

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Deixa un comentario

Deixa un comentario