O Samil é Portugal é o primeiro single adianto do que será o novo traballo de Os Vacalouras que presentaran este 2021.
Os Vacalouras xúntanse con Quim Barreiros, un dos máis grandes referentes da música portuguesa, en O Samil é Portugal. Este é o primeiro single adianto do que será o novo traballo que presentaran este 2021. O videoclip foi producido, gravado e editado por Alberto Lora de Galunk Producións, un referente no videoclip galego. E contaron coa colaboración de Nacho Álvarez ao acordeón, Juan Álvarez ás percusións portuguesa.
O tema fai referencia as tantas familias de Portugal que veñen a esta praia viguesa a bañarse, tomar o sol e comer no merendeiro do piñeiral, son tal cantidade que podería considerarse lexítimo territorio luso.
Coma sempre máis actualidade na nosa sección de novas.